Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

GALICIA, UN MAR CON HISTORIA

€22,95
ISBN 9788411105293

Galicia ten un mar con historia e unha historia con mar.

O mar situou o país na cerna da historia europea e do mar chegaron mudanzas que mesmo afectaron á vida cotiá das xentes do interior. Neste libro abórdase a importancia de Galicia nas rutas marítimas que trouxeron a fenicios, gregos e romanos até ás súas costas. Igualmente, a participación do vello reino na reactivación dos grandes intercambios económicos e culturais ocorridos en Europa e o desenvolvemento que experimentou a pesca e o comercio marítimo a partir do século XIII. Ademais, aténdese aquí á loita pola "posesión do mar" e aos conflitos sociais durante o Antigo Réxime, á posta en funcionamento da Matrícula do Mar en 1748, á conformación no país dunha nova elite social a finais do século XVIII e a súa participación no tráfico de escravos no XIX, e aos motíns e as revoltas populares acaecidas nas cidades litorais. E iso sen esquecer o que para Galicia supuxo a chegada do capitalismo ao mar, a forza do anarquismo nos portos entre 1900 e 1936, a importancia das mulleres nas industrias pesqueira e conserveira, a creación dunha industria naval punteira a partir de 1960, a reconversión industrial de 1983-1996, as modificacións que experimentou a estrutura portuaria galega durante o século XX...

Galicia non só é un país rural.

 Isidro Dubert García

13-52Artículo
Á beira dun mar que une: O mar na Galicia da Protohistoria e da Antigüidade

Francisco Xavier González García

53-84Artículo
Sen o mar e sen o barco: A perda do mar na Galicia medieval

Anselmo López Carreira

85-107Artículo
O mar duns poucos: Tensión e conflitos sociais na Galicia litoral durante o Antigo Réxime

Isidro Dubert García

109-153Artículo
Lastre, oportunidades e control estatal no litoral: A matrícula de mar e a pesca en Galicia a finais do Antigo Réxime

José Manuel Vázquez Lijó

155-190Artículo
Conflito laboral e violencia política en Ferrol a finais do Antigo Réxime

José María Cardesín Díaz

191-228Artículo
Escravos, negreiros e o nacemento da banca na Galicia marítima

Luis Alonso Álvarez

229-255Artículo
Para mariñeiros, nós!: O mar dos galegos na Galicia contemporánea

Jesús Giráldez Rivero

257-284Artículo
"Sardiñocracia": Os empresarios da primeira industrialización en Galicia

Xán Carmona Badía

285-306Artículo
Cando o capitalismo chega ao mar: Loita de clases na Galiza marítima

Dionisio Pereira

307-346Artículo
O traballo das mulleres na Galicia litoral contemporánea

Luisa Muñoz Abeledo

347-367Artículo
Industrialización e desindustrialización da Galicia marítima

Pedro Varela Vázquez

369-393Artículo
Da pesca, industria, comercio e servizos: O sistema portuario na Galicia contemporánea

Ángeles Piñeiro Antelo

Isidro Dubert
Isidro Dubert é catedrático de Historia na USC, director do Grupo de Investigación de Hª Moderna da USC, fundador e editor da revista especializada «Obradoiro de Historia Moderna» e membro do CISPAC. No eido da investigación en Galicia, estes últimos anos prestou atención á historia do traballo das mulleres, á historia da vellez e do avellentamento poboacional, ás políticas demográficas e os medios de comunicación, á historia das migracións campo-cidade, á do funcionamento dos mercados de traballo, do servizo doméstico, do abandono infantil ou da ilexitimidade. Entre os seus traballos recentes atópase (en colaboración con Antía Pérez Caramés), «Invasión migratoria y envejecimiento demográfico. Dos mitos contemporáneos» (2021), e (en colaboración con Vincent Gourdon), «Inmigración, trabajo y servicio doméstico en la Europa urbana, siglos XVIII-XX» (2017). En Xerais coordinou as obras «Historia das historias de Galicia" (2016) e "A morte de Galicia» (2019), publicadas nesta mesma

___

Editorial: Xerais 05-2024

Idioma: galego