
GHYJWK
Greguería, haiku, caligrama, poesía concreta, soneto visual, poesía tipográfica, experimentación... Cousas... Con permiso de Castelao. É do que se compón G, título que fai referencia a Greguería, pero tamén a Galego, a materia coa que está feita a obra. A expresión concreta do idioma representada por unha letra que se converte en homenaxe ao dicionario, ese libro escrito sen Grandes palabras, sen maiúsculas, pero que dá entrada a todas as voces, ao H mudo e aos sons excluídos pero non inexistentes na lingua: Y, J, K, W. Un “G” con ou sen G”H”eada e o seu séquito alfabético que aquí se ordena a modo de particular abecedario para enumerar as seis partes do libro:
“G” de Greguería, de Galego e de Ghaliza.
“H” de Haiku e de Horizonte.
“Y” de Yin-Yang e Ye-Yé ou viceversa.
“J” de Jaiku Jam sessión Jazzzzzzzz.
“K” de Kú de Hai-Kú, de Kamikace e de Kamiño.
“W” de VVisual ou Wisky, unha invitación a ver dobre.
Diego Cousillas Novo, nado en Malpica de Bergantiños en 1980, é un recoñecido escritor e tradutor galego, destacado pola súa contribución á poesía contemporánea en lingua galega. Licenciado en Filoloxía Galega, traballa como profesor de ensino secundario, compaxinando a súa labor docente coa creación literaria. Colaborador habitual en diversas revistas literarias, participou en numerosos recitais poéticos, destacando pola súa capacidade para explorar temas sociais e culturais na súa obra.
Obras:
- Poesía:
- Faltas de ortografía (Espiral Maior, 2008)
- Obras colectivas:
- Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega (Toxosoutos, 2013)
- Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto (A. C. Caldeirón, 2013)
_____
Editorial: Laiovento 01-2025
Idioma: Galego
Páxinas: 130
POESÍA