Ir a contenido
¡Inauguramos nuestra nueva web bajando los gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Bajamos los gastos de envío a 2,95€! 📦

FUGA E RETORNO DE ADRIÁN SOLOVIO. SOBRE A EDUCACIÓN SENTIMENTAL DUN INTELECTUAL GALEGUISTA

€18,70
ISBN 9788491512035
Velaquí a construción dun pensamento.

Tamén unha maneira de explicar ou intentar comprender o mundo. Cada xeración tende a construílo á súa maneira. O historiador Ramón Villares ingresou na Real Academia Galega (2006) cun discurso sobre a figura de Adrián Solovio, o protagonista de Arredor de si (1930), novela que se considera referencia histórica, símbolo e crónica do grupo xeracional ao que pertencen Castelao, Vicente Risco, Florentino López Cuevillas, o propio Otero Pedrayo, e que denominamos xeración Nós, profundamente europeísta e, ao mesmo tempo, configuradora do discurso da Galicia moderna, tanto cultural como politicamente. O presente ensaio fundaméntase no discurso de ingreso do académico mais con algunhas engádegas e observacións que o enriquecen. Ramón Villares esmiúza, documenta e contextualiza algunhas das claves do pensamento galeguita moderno, prestando especial atención á figura de Ramón Otero Pedrayo, co que dialoga a través das páxinas de Arredor de si.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego