Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

FÍRGOAS

€10,10
ISBN 9788475076829
O poeta Manuel Luís Acuña (1900-1975), un dos nosos escritores da xeración de vangarda máis inxustamente esquecido, foi autor dun único poemario que agora se presenta nesta edición actualizada que procura resituar a obra de Acuña no panorama poético de preguerra, rescatándoa do silencio a que foi sometida, para poñela á altura doutras voces máis coñecidas como Manuel Antonio, Armado Carballo, Álvaro Cunqueiro ou Bouza Brey.

A súa poesía, que constitúe por dereito propio parte do máis salientable da actividade lírica da xeración á que pertenceu, caracterízase principalmente por un esencialismo conceptual de marcado ton vangardista e posúe méritos suficientes para que poida converterse nunha auténtica revelación para o lector de hoxe en día que non coñeza a súa producción.

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego