{"product_id":"filgueira-valverde-profesor-humanista-innovador-e-director-dun-instituto-modelo","title":"FILGUEIRA VALVERDE, PROFESOR HUMANISTA INNOVADOR E DIRECTOR DUN INSTITUTO MODELO","description":"\u003cp\u003e\u003cspan\u003eO libro Filgueira Valverde, profesor humanista innovador e director dun instituto modelo (Pontevedra, 1939-1976) de Germán Manuel Torres de Aboal, trata dunha biografía intelectual e educativa do profesor pontevedrés Xosé Filgueira Valverde (1906-1996). Baseado na súa tese doutoral, dita obra fai unha descrición pormenorizada e unha análise da función docente e directiva desempeñada por Filgueira Valverde no Instituto de Pontevedra, que foi declarado instituto modelo en 1957 e no que o profesor Filgueira, durante moitos anos, desempeñou un labor digno de consideración.\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\u003cbr\u003e\u003cspan\u003eO estudo basease nunha fonda investigación básica de carácter cualitativo, por medio da indagación arquivística e documental, dos que destacariamos tres arquivos: o arquivo documental e gráfico do Museo de Pontevedra, o arquivo do IES Sánchez Cantón de Pontevedra, e o arquivo da Universidade de Santiago. Manexáronse, pois, as fontes primarias, secundarias e terciarias. Tamén coa consulta dunha abondosa bibliografía. Destacar a importantísima colaboración da familia Filgueira-Iglesias que en todo momento nos facilitou o acceso a canta documentación, bibliografía, documentación gráfica e información nos foron necesarias e útiles. O autor agradece tamén a autorización da familia para utilizar todos os materiais aos efectos da tese e das publicacións sobre o profesor Filgueira Valverde.\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\u003cbr\u003e\u003cspan\u003eDespois da revisión da ampla documentación manexada, chegamos á conclusión de que o profesor Filgueira Valverde foi un docente humanista innovador polo seu labor docente e directivo. No seu instituto tiña moita importancia unha educación que transcendía o muro das aulas polas actividades educativas e culturais que se desenvolvían no Instituto de Pontevedra nesta etapa histórica.\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\u003cbr\u003e\u003cspan\u003eFilgueira Valverde pretendía un ensino activo e creativo da lingua e da literatura, promovía a lectura e a escritura, os comentarios de texto, as conferencias, as declamacións, a utilización do teatro escolar, do cine e daba moita importancia á música, á educación física e ao deporte, ás excursións.\u003c\/span\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eEditorial: Universidade de Vigo 03-2026\u003cbr\u003eIdioma: Galego\u003cbr\u003ePáxinas: 267\u003cspan\u003e\u003cbr\u003eLINGUA\u003cbr\u003eEDUCACIÓN\u003cbr\u003eENSAIO E INVESTIGACIÓN\u003cbr\u003e\u003cbr\u003e\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\u003c\/p\u003e","brand":"GERMÁN MANUEL TORRES DE ABOAL","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":53036892750171,"sku":"9788411880787","price":13.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/files\/978841188078_b148982f-32df-43bf-891a-3dec3458a9ed.jpg?v=1779274061","url":"https:\/\/libreriaabrente.es\/products\/filgueira-valverde-profesor-humanista-innovador-e-director-dun-instituto-modelo","provider":"Librería Abrente","version":"1.0","type":"link"}