Ir a contenido
¡Inauguramos nuestra nueva web bajando los gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Bajamos los gastos de envío a 2,95€! 📦

FESTIVIDADES DE INVERNO NA PROVINCIA DE OURENSE

€16,00
ISBN 9788412103908
O traballo, centrado na aldea fronteiriza portuguesa de Tourém, en pleno Val do Salas, encádrase nos estudos de Antropoloxía. A obra establece un diálogo fluído, constante e poliédrico entre dous elementos esenciais, o habitante e unha aldea identificada como "a terra", entendendo o primeiro como  protagonista configurador secular do medio físico do que forma parte inseparable, e a segunda, como unha entidade que é moito máis que unha simple  agrupación de vivendas. XXII Premio Vicente Risco de CCSS

O diálogo entre ambos enriquécese progresivamente na medida en que entran en xogo as claves para definir a identidade  dos "fillos da terra", mulleres e homes que secularmente contribuiron a humanizar ata límites insospeitados unha paisaxe aparentemente natural,  que forma parte do Parque Nacional de Peneda-Gerês. A base económica agrogandeira, como tamén a propiedade da terra ou as relacións sociais e familiares trenzadas ao redor delas, reforzadas e sancionadas polas actividades dos ciclos festivos, contribúen a presentar ao lector un universo onde  el mesmo, o habitante, é construtor e usuario dun escenario, un ecosistema artificial, que ao tempo lle serve de referencia e identificación en calquera parte do mundo.      

____

Editorial: Fundación Vicente Risco
Idioma: Gallego