{"product_id":"felicidade-conxugal","title":"FELICIDADE CONXUGAL","description":"\u003cp\u003eQue é a felicidade conxugal? Velaí o tema que explora Tolstoi nesta novela publicada orixinalmente en 1859. A través da voz da protagonista, María Aleksándrovna, o relato detalla as diferentes fases polas que transita co correr do tempo a súa relación con Serguei Mikháilovich.\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eSendo moi nova, María namórase do seu titor, Serguei, un vello amigo do pai. Malia que el teme entregarse ao amor, acaba sucumbindo aos engados da moza, e a parella casa. Durante un tempo, gozan dunha felicidade plena e déixanse levar pola idealización das virtudes do outro. Porén, a situación muda cando se trasladan a San Petersburgo, onde o éxito de María coa alta\u003cbr\u003esociedade suscita fondas diferenzas entre os cónxuxes. Comezan a agromar os defectos de cadaquén e nacen as desilusións, o cal devén na agoniante imposición das necesidades particulares de dous seres separados pola diferenza de idade. María, dezanove anos menor ca Serguei, devece por explorar a vida, mais axiña se ve envolta na vaidade e nos enredos de Baden-Baden e sofre o distanciamento do esposo.\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eTolstoi aborda, dende a introspección, un mundo de sentimentos e convencións que a personaxe debulla ao longo das súas meditacións e que se reforzan cunha serie de diálogos profundos. No relato percíbense, por outra banda, aspectos autobiográficos extraídos de inquietudes do escritor, tales como o difícil equilibrio entre a idealización romántica e a rutina doméstica.\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eEditorial: Hugin e Munin 12-2025\u003cbr\u003eIdioma: Galego\u003cbr\u003ePáxinas: 136\u003cbr\u003eGRANDES CLÁSICOS\u003cbr\u003eNOVELA AMOR\u003c\/p\u003e","brand":"Lev Tolstoi","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":52287212192091,"sku":"9791399015058","price":15.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/files\/cuberta-tolstoi.png?v=1770743830","url":"https:\/\/libreriaabrente.es\/products\/felicidade-conxugal","provider":"Librería Abrente","version":"1.0","type":"link"}