A da prima Concha é, sen dúbida, unha historia singular. Homes singulares na vida, se cadra, hai moitos. Algúns mesmo chegan a ser recoñecidos pola forza desa singularidade. No caso das mulleres –se cadra non, seguro–, o recoñecemento é para moi poucas. A vara de medir non é a mesma. Mais elas están aí, Concha está aí.
Só de cando en vez, a vida anónima dalgunha muller coma ela sae á luz e eríxese, grandiosa, na afirmación da súa rebeldía. A familia Pereira, o clan de Concha, alicerzaba a súa identidade na gran mentira da aparencia. Só Fernando foi quen de buscar a verdade da súa curmá. A historia da Faneca Brava non é das que se escriban con pomposas letras maiúsculas, pero é tan real e intrigante que enche ao lector ou lectora do desexo de pescudar toda a verdade sobre esa «ovella negra» dunha familia que a fixo desaparecer da súa existencia.

____