ESTRELAS DA DESPENSA GALEGA E 67 RECEITAS CON HISTORIA E SABOR
Segundo premio do XXV Premio de Xornalismo Gastronómico “Álvaro Cunqueiro”
Os produtos e a cociña de Galicia son unha parte moi importante da nosa expresión cultural.
A paisaxe, as xentes e a comida resultan inseparables e protagonizan este apetitoso libro de Carina Regueiro. Estrelas da despensa galega fala de sabores de verdade: sabores cheos de historias, de anécdotas e de sorpresas. E cada capítulo vai acompañado das grandes receitas de sempre para cociñalas hoxe.
Carina Regueiro
Xornalista e coruñesa. Pasou a súa infancia entre estacións de tren, como boa filla de ferroviario, sempre cun libro na man. O seu gusto polas palabras levouna cara a filoloxía e a súa curiosidade polo mundo ata o xornalismo. Exerceu a maior parte da súa carreira profesional nos xornais El Correo Gallego e Galicia Hoxe, onde se especializou en comunicación cultural, social e política. É membro do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e premio de xornalismo Mañé i Flaquer polos seus traballos de comunicación local.
____
Editorial: Galaxia 10-2017
Idioma: Galego
Páxinas: 188
Col: Cociña 14