O número 103 da erregueté | Revista Galega de Teatro, dá conta de case todo o que aconteceu nos escenarios galegos durante esta temporada. A publicación sobre artes escénicas, con 39 anos de historia, segue adiante cun deseño e uns contidos renovados, tentando non discriminar ningunha modalidade ou formato escénico. Na capa deste número destácase o circo, a danza vertical e a maxia, feitos en Galiza, e tamén se pon en destaque a década do Festival Atlántica de narración oral.
Prezo da revista 10 euros
SERVIMOS NÚMEROS ATRASADOS.
____
Editorial: Asociación Cultural Entre BambalinasIdioma: Galego