Ir a contenido
Gastos de envío para Galicia y España 4.45 €!
Gastos de envío 4.45€!

EQUILIBRIO E CONTROL POSTURAL NA INFANCIA

por VV. AA.
€10,00
ISBN 9788411880503

Concepto, avaliación, e estratexias de traballo para profesionais.

Este manual destaca a importancia de avaliar e desenvolver o equilibrio e o control postural na infancia, procesos que dependen da maduración sensoriomotora durante os primeiros anos de vida.
Ademais, aborda a fisioloxía do equilibrio, unha capacidade multifactorial que evoluciona desde a infancia ata a adolescencia, sendo esencial para a adquisición de habilidades motrices e para previr riscos como caídas ou estilos de vida sedentarios.
Aborda os diferentes métodos de avaliación e céntrase en ferramentas e métodos novidosos como a acelerometría. Finalmente orienta a creación de estratexias eficaces para o desenvolvemento do equilibrio e do control postural na poboación infantil.

_____

Editorial: Universidade de Vigo 06-2025
Idioma: Galego
Páxinas: 66
MANUAL PRACTICO