A pequena Enyd vive nas profundidades do bosque. Unha mañá, os seus veciños os animais, cansados de todas as porcalladas que chegan desde a cidade, deciden ir queixarse á metrópole. Coa axuda de Enyd, convencerán aos cidadáns para que acudan ao bosque e vexan no que se está convertendo. Un bosque que esqueceran,o que supoñerá terribles consecuencias para todos.
O libro gustarache porque grazas a súa protagonista e a unha ambientación mística, o lector entra nun mundo máxico, onde recibe unha invitación para gozar do bosque: a natureza aínda pode ser parte fundamental das nosas vidas se non a esquecemos e salvagardámola.
As ilustracións cheas de brillo e colorido fan que os personaxes cobren vida, enchendo de brisa fresca cada páxina.
RECOMENDADO PARA:
Traballar e concienciarnos polo medio ambiente, o respecto da natureza e do hábitat doutras especies, a importancia de coidar o que apreciamos, pero sobre todo a deforestación e os incendios forestais, que son algúns dos temas presentes neste libro. Este último, un problema moi actual en ambos os hemisferios do planeta.
#animais #habitats #incendio #ecoloxía #medioambente #deforestación #aventuras
____
Editorial: Triqueta Verde
Idioma: Galego / Castellano