Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

ENTRE O ABALO E A ZARANDA. DICIONARIO LÉXICO DO MAR

Agotado
€14,50
ISBN WP4182
É unha boa mostra do inmenso patrimonio inmaterial do léxico do mar creado por xeracións de galegos e galegas da Mariña, que durante tantos anos recolleu e estudou Paco Rivas.

A terceira entrega da colección Salitre de Cumio, Entre o abalo e a zaranda, é unha boa mostra do inmenso patrimonio inmaterial do léxico do mar creado por xeracións de galegos e galegas da Mariña, que durante tantos anos recolleu e estudou Paco Rivas. Trátase de léxico vivo que, xunto coa fraseoloxía con sabor a salitre, cómpre seguir recollendo e peneirando para que forme parte da Patria da Lingua Galega. Traballos como este contribúen a que haxa máis mar na cultura galega, á vez que permiten que nos dicionarios de galego non só se poida aumentar o número de entradas con mar, senón que algunhas das existentes reflictan un patrimonio marítimo vivo e non museístico. Paco Rivas (Cervo, Lugo). Filólogo e escritor, foi profesor de galego, asesor de Lingua e Literatura galegas no CEFOCOP de Pontevedra na década dos noventa e é tamén coñecido polo seu labor no ámbito da radio desde a década dos oitenta (Radio Galega, Radio Cornellá e Radio Foz) en programas pedagóxicos e culturais onde fixo numerosas lecturas poéticas. Interesado en temas literarios, lingüísticos e antropolóxicos, publicou diferentes estudos, propostas didácticas, adaptacións literarias e traducións de carácter pedagóxico como Ensino e Análise Transaccional de Marie J. Chalvin (Laiovento, 1998). É salientable a súa traxectoria como lingüista e lexicógrafo, ámbito no que publicou diversas obras entre as que destacan as realizadas no campo da lingua mariñeira, como Fraseoloxía do mar na Mariña luguesa (2000) ou o Dicionario Fraseolóxico do mar. No ámbito da poesía publicou numerosas colaboracións en revistas e participou en escolmas poéticas.

____