Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

ENSAIOS SOBRE GALICIA

€16,00
ISBN 9788491517771

Limiar Narciso de Gabriel

Os textos que aquí se recollen foron escritos por Xohán Vicente Viqueira nos anos de docencia no instituto da Coruña, onde nos presenta as súas reflexións sobre Galicia como nación, cunha “alma” de seu, expresión que utiliza para facer referencia ao “espírito do pobo”, resultado da encarnación dunha raza nunha terra, e que se concreta, en termos políticos, na meta de acadar un federalismo presidido polos ideais de liberdade democracia e prosperidade.

A lingua é para Viqueira a expresión da “personalidade galaica”, que se debía de limpar de castelanismos e da súa progresiva deterioración. Outra das ideas que está presente é a da educación, base fundamental para abordar os outros temas e un mecanismo fundamental para a construción da nación.

______

Editorial: Galaxia 2021
Idioma: Galego