Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

ENSAIOS, SÁTIRAS E AFORISMOS

€12,10
ISBN 9788489896976

Co título de Ensaios, sátiras e aforismos, este libro acolle once traballos do grande escritor irlandés Jonathan Swift (1667-1745), autor tan descoñecido como coñecida é a súa obra máis sobranceira: As viaxes de Gulliver. Temos aquí exemplos do eido no que máis destacou (a sátira) con opúsculos como Meditación acerca dunha vasoira, Un relato fiel e verdadeiro do que sucedeu en Londres, O conde de Wharton e Unha modesta proposición, ensaios da calidade de A arte da mentira política, Apuntamentos cara a un ensaio sobre a conversación e Breve panorama sobre a situación de Irlanda, epigramas como os recollidos en Resolucións para cando cheque a vello ou Pensamentos e aforismos, unha selección do seu libro máis coñecido (As viaxes de Gulliver: unha escolma sociopolítica) e un texto singular que nos presenta ao Swift máis íntimo ante o maior infortunio da súa vida: Na morte da señora Jkohnson (Stella). Cómpre sinalar que a maioría destes textos, prologados, anotados e traducidos directamente do inglés polo profesor Abel López son inéditos non só en galego, senón en calquera outra lingua da península Ibérica.

Traducido do inglés por: Abel López Rodríguez.

_____

Editorial: Laiovento 2001

Idioma: Galego