Unha aventura chea de emoción e misterio dirixida a nenas e nenos a partir de 8-9 anos, que os adentrará no máxico mundo da prehistoria.
As bruxas, desde sempre, apareceron na tradición oral e as lendas da cultura popular. Son unhas personaxes presentes en mitoloxías e textos antigos. Espertaban receo e medo en calquera parte, e durante séculos perseguíanse.
Enga é unha bruxa prehistórica, que leva enfeitizada desde hai moito tempo. De forma inesperada, os irmáns Nika e Max conseguen liberala. Desde ese momento, xorde entre eles unha gran amizade que os unirá para sempre. Pero a bruxa ten algo no seu poder, a Pedra do tempo, que fará que uns malvados bruxos, os Babún, a persigan sen descanso para poder arrebatarlla.

____
Editorial: Cumio 09-2022Idioma: Galego / Castellano