Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

ELISA NO MUNDO DAS MARABILLAS

por APAMP
€15,00
ISBN 9788491510369
A ilusión e a beleza están ao alcance de calquera. A Editorial Galaxia e APAMP (Asociación de familias de persoas con parálise cerebral) editan “ELISA NO MUNDO DAS MARABILLAS”

Este é moito máis que un álbum ilustrado. É un libro feito dende a ilusión máis absoluta e que nace do entusiasmo brutal e optimista  do Obradoiro Artístico de APAMP (Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral) e que un día decidiron escribir, e ilustrar, coas súas propias mans, cos seus propios corazóns, este libro protagonizado por Elisa, unha muller alegre, soñadora, de mirada intensa e cabelos castaños. Era moi fermosa, pero ela non o sabía. Elisa movíase nunca cadeira de rodas e tiña parálise cerebral. A través deste libro, achegarémonos a unha realidade que ignoramos, que non queremos ver malia que a teñamos diante dos ollos. A realidade das persoas que padecen parálise cerebral e que aínda que cheos de dificultades, son quen de saír adiante.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego