Ir a contenido
Gastos de envío desde 2,95€! 📦
Gastos de envío desde 2,95€! 📦

AS REESCRITURAS DE CONTOS MARABILLOSOS NA LITERATURA INFANTIL E XUVENIL GALEGA

€16,00
ISBN 9788418966675

A partir de consideracións teóricas sobre a influencia da narrativa de transmisión oral, concretamente dos contos marabillosos, na Literatura Infantil e Xuvenil galega, ofrécese unha ampla ollada panorámica sobre o aproveitamento que dese material narrativo, con distintas finalidades (referenciais, lúdicas, humanizadoras e ideolóxicas), fixeron escritores e escritoras galegas nun significativo período de tempo.
Coméntanse unha selección de obras consideradas, nese período temporal, referentes e innovadoras. Achéganse, ademais, pautas cara ao mediador adulto para que non esqueza as múltiples reescrituras que se realizaron dende Galicia, dirixidas en primeira instancia á infancia e mocidade, co propósito de fornecer o imaxinario colectivo e promover a creatividade literaria a través de personaxes, espazos e estruturas narrativas que se repiten ao longo dos tempos.
Un bo camiño de ida e volta que une tradición con modernidade.cialidade da muller mantense nas propostas enfiadas desde os códigos doutras manifestacións artísticas como son as cartografías da memoria, o cinema de animación e os autorretratos.

____

Editorial: Hercules 12-2022
Idioma: Galego