Este poeta e pintor courelano, que naceu coma Alexandre Magno, tras unha noite de lóstregos e treboadas, iniciou a súa prolífica andaina poética tras o pasamento do seu pai. Xesús Afonso Parada é un amante da música e liberdade que lle proporciona a poesía e da beleza calada dos cumes do seu Courel natal, que é, dende o 2021, Reserva da Biosfera da UNESCO e que nos plasma nesta nova antoloxía: Ecoando nas valgadas, que está baseada en feitos reais e nas vivencias do autor.
Idioma: Galego
____
Editorial: Toxosoutos 2021Idioma: Galego