Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

DOUS OLLOS. UNHA NARIZ. UNHA BOCA

€11,00
ISBN 9788412962802

Crear realidades outras. Rostros que non existen. Retratos de non-retratos. Rostros que, se fosen xigantes, falarían co espectador-lector. Que lles din?
Que os ollen. Incluso que imaxinen que falan, que volven reais, nun tempo de fantasía etérea. Que os interpelen. E todo, en silencio. No máis absoluto silencio dun libro.

Non son primeiros planos dun filme inexistente, que remiten ao real, son rostros en papel con pilot, que na túa imaxinación se poden volver xigantes. E que non poden existir na realidade.

Rostros minimalistas de rapazas ledas. Todas levan un sorriso. Sabemos o que expresan. Os xestos son transparentes. Os trazos exactos. A ledicia como factor común.

Retratos imaxinados que non se realizan desde o real. Non son reproducións, senón creacións. Non os poderemos ver no mundo só no libro.

____

Editorial: Toxosoutos 10-2024
Idioma: Galego
Páxinas: 60
ARTE EN GALEGO