Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

DOS ARQUIVOS XEOMÉTRICOS

€18,00
ISBN WP4497
Razón e realidade no pensamento de Rafal Dieste Coñecemos a obra literaria de Rafael Dieste (1899-1981), o seu traballo dramático, a poesía, os relatos, mesmo a singular ensaística por el creada, pero pouca xente sabe da súa investigación filosófica, do seu profundo e lento proceso de estudo matemático, xeométrico, desenvolto ao longo de anos de traballo.

Coñecemos a obra literaria de Rafael Dieste (1899-1981), o seu traballo dramático, a poesía, os relatos, mesmo a singular ensaística por el creada, pero pouca xente sabe da súa investigación filosófica, do seu profundo e lento proceso de estudo matemático, xeométrico, desenvolto ao longo de anos de traballo. Xosé Díaz, armado da habilidade dun Félix Muriel contemporáneo, segue en Dos arquivos xeométricos. Razón e realidade no pensamento de Rafal Dieste o fio desa outra obra non tan coñecida, fio que nos leva a esa cerna común na que xeometría e poesía vibran como emerxencias dunha mesma raíz. Introdúcese así nos mundos intelectuais diesteanos clarexándonos maxistralmente o designio do xeómetra, que é, asemade, o do poeta:participar na realidade suscitándoa ou revelándoa. O lector encontrará nesta obra unha danza na que o espazo se mestura co tempo, o axioma se enfronta á cuestión da crise da razón, e aquela historia magnífica duns exiliados galegos que, malia a dor, mantiveron unha resistencia intelectual e creativa, é contemplada baixo a atenta mirada do deus Xano, o que albisca para aquén e para alén, para o dominio racional e para o dominio imaxinante.

____