Ir a contenido
📆 Los pedidos realizados durante Semana Santa se enviarán a partir del 23 de abril. 📦 Gastos de envío 3,50€!
📆 Los pedidos realizados durante Semana Santa se enviarán a partir del 23 de abril. 📦 Gastos de envío 3,50€!

DONA PROBLEMAS, RESCATADORA DE MASCOTAS

€12,50
ISBN 9788411106672

Tras os seu enfrontamento coa mestra «influencer», que foi retransmitido por televisión, Carlota (Dona Problemas) converteuse nunha celebridade entre nenos e nenas. Recoñécena pola súa cidade e mesmo lle piden selfies e axuda para problemas cotiáns. Así e todo, nin Dona Problemas nin Xoán, o seu axudante, esperaban recibir na escola a visita dunha nena preocupada pola desaparición da súa mascota: unha cacatúa chamada Riqui, pola que agora lle piden un rescate que ela non pode pagar.

O Hematocrítico

Miguel López, O Hematocrítico, naceu na Coruña en 1976. Profesor de Educación Infantil, Inglés e Primaria, creador de contidos, escritor, podcaster..., publicou en Xerais numerosos títulos infantís de grande éxito, como a serie «O Bosque dos Contos» («Feliz feroz. O lobiño riquiño» (2016), «Axente Riciños» (2016) e «O lobo con botas» (2018), ilustrados por Alberto Vázquez; «Rapunzel con piollos» (2019), «Alcaldesa vermella» (2020), «Vaia cabuxiño!» (2021); «Axente Riciños. Misión Princesa» (2022) e «Morto de fame» (2023), ilustrados por Mar Villar) ou os cómics de Lendas do Recreo («A media hora dos recreos» (2020) e «Campións do mundo» (2020)), ilustrados por Albert Monteys. En 2021 nace a serie Os Hematiños, ilustrada por Alberto Vázquez, con cinco títulos publicados: «Un can» (2021), «O meu irmono» (2021), «Gaivota gourmet» (2022), «Oso banda» (2022) e «Unha unicornia» (2023). Na colección Sopa de Libros publicou a novela «Dona Problemas» (2023), e ese mesmo ano, a novela «Caramomia» escrita xunto a Ledicia Costas, María Lado e Daniel Landesa. Faleceu o 27 de novembro de 2023 á temperá idade de 47 anos, cando estaba traballando na edición de «Dona Problemas, salvadora da escola» (Xerais, 2024). En 2025 ve a luz o terceiro volume desta serie: «Dona Problemas, rescatadora de mascotas».

____

Editorial: Xerais 05- 2025
Idioma: Galego
Páxinas: 104
INFANTIL: DE 7 A 9 AÑOS
INFANTIL E XUVENIL - SOPA DE LIBROS