Ir a contenido
Gastos de envío para Galicia y España 4.45 €!
Gastos de envío 4.45€!

DO REINO (E) DOS AMORES PROSCRITOS

€14,95
ISBN

Do reino (e) dos amores proscritos. Unha viaxe á Idade Media máis colorida é unha dramaturxia que evoca e invoca as orixes da cultura galega e de Galiza. Desde os primeiros asentamentos humanos no noroeste da Península Ibérica, pasando pola lenda dos celtas, pola romanización e recuncando no Reino de Galiza. Unha proposta lúdica, na que o texto xoga con varios rexistros: documental, conto, poema, cantiga, diálogo teatral, para (re)crear historias e convocar presenzas de artistas, os trobadores e as soldadeiras, de mulleres pioneiras, as primeiras raíñas, e de amores que aínda hoxe nos poden sorprender. Compoñen este tapiz mutante as evocacións dos trobadores Martín Códax, Mendiño e Xoán de Cangas, da soldadeira María Balteira, das raíñas Sancha e Urraca, dos amores entre Pedro e Munio e entre María Leve e Sancha Pérez, alén doutras figuras citadas.

Este libro contén unha dramaturxia que é como un xoguete que nos convida a unha viaxe no tempo, utilizando como vehículo o teatro. Unha viaxe que se pode desfrutar de dúas maneiras: xogándoa nos escenarios dos teatros que a alumaron, ou xogándoa nos escenarios da nosa mente, estimulada pola lectura deste libro. Trátase, por tanto, dunha viaxe na que a documentación fixo xermolar a imaxinación e a fantasía para recuperar ou recrear os primordios da historia dun pobo singular, da súa lingua e cultura. Todo isto desde unha perspectiva e unha sensibilidade inéditas até agora.

Afonso Becerra de Becerreá.
Dramaturgo e director. Doutor en Artes Escénicas pola UAB. Licenciado en Arte Dramática polo Institut del Teatre de Barcelona.
Como ensaísta publicou O ritmo na dramaturxia (2005), Dramaturxia. Teoría e práctica (2007), Roberto Vidal Bolaño e o xogo do teatro (2012), Confio-te o meu corpo. A dramaturgia pós-dramática (2018) e História da dança contemporânea na Galiza (2021). Publicou as pezas teatrais Agnus Patris (2002), Crio-Xénese (2007), Dramatículas (2010) e Textículos dramáticos e posdramáticos (2014).

Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais da Xunta de Galicia 2001.
Premio María Casares á Mellor Versión Adaptación Teatral 2016.
Premio de Honra do Festival do Teatro Galego 2020.
Mención de Honra no Premio Internacional de Xornalismo Carlos Porto 2019 do Festival de Almada (Portugal, 2020).
Docente na Escola Superior de Arte Dramática da Galicia.
Director da Revista Galega de Teatro.

_____

Editorial: Laiovento 03-2026
Idioma: Galego
Páxinas: 82
TEATRO
NARRATIVA