Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

DO ERMO

€16,00
ISBN 9788491517405

Antonio Noriega Varela achéganos en Do ermo á vida dos labregos en diálogo coa natureza coa intención de rescatar a esencia máis pura e sinxela desta.

A súa primeira parte, “Montañesas”, segue unha liña costumista centrada na montaña, a verdadeira protagonista. Na segunda, “Do ermo”, aproxímase ao intimismo máis puro arredor da erma soidade da paisaxe, onde recrea as cousas máis pequenas e humildes (a flor dun toxo, o fío dunha arañeira…), na chamada “poesía franciscana”, con influencias da literatura portuguesa (Teixeira de Pascoaes, Guerra Junqueiro, Antero de Quental) e dos clásicos, Virxilio e Horacio, ademais de achegarse á poesía satírica, social e popular.

______

Editorial: Galaxia 2021
Idioma: Galego