Un relato autoconclusivo con final sorprendente y cuidadísima ambientación que, utilizando la caligrafía narrativa de la aventura clásica y sin dejar de serlo, proporciona al lector elementos de reflexión sobre multitud de aspectos relacionados con la condición humana.
Fran Jaraba
Fran Jaraba (Pontevedra, 1957) é un dos grandes ilustradores galegos. Arquitecto, profesor de debuxo de Educación Secundaria, colaborador das revistas Can sen dono, Golfiño, en 1979 promoveu xunto con Xan López Domínguez e Miguelanxo Prado a publicación Xofre, unha das primeiras revistas de cómic que se editaron en Galicia. En 1980 obtivo o primeiro premio do concurso nacional de cómic para nenos, organizado pola Agrupación Cultural O Facho, coa historieta A insólita aventura de Manoliño catro ás. Dende entón leva ilustrados máis de cincuenta libros no ámbito da edición infantil e xuvenil, entre os que destacan títulos como A volta a Galicia en corenta pontes e media (cómic, 1986), A formiga coxa (Xerais, 1989), O rescate do peneireiro (Xerais, 1990), Lonxe do mar (1991), Bichos con gaseosa (1992), O tesouro do dragón Smaug (1992), As tundas corredor (1993), Cando petan na porta pola noite (Xerais, 1994), A expedición do Pacífico (Xerais, 1994), Un troll no faiado (1995), Estampado(1998), Matapitos.com (Xerais, 2000), Lúa e os nubeiros (2.000) e Contos para levar no peto (Xerais 2001).Como autor de cómic publicou Cita na Habana (Xerais 2000) Campos de Cuba (Xerais 2004), ''Terra libre'' (Xerais 2008) en edicións simultáneas en galego e castelán.
____
Editorial: CASCABORRA EDICIONES
Idioma: Castellano