Este dicionario é o testemuño dunhas verbas coas que os vellos canteiros, os canteiros de meceta e de punteiro se relacionaben entre eles e co seu entorno máis próximo. A transmisión das palabras sempre se realizou de forma oral, de tal xeito, que cando morria un canteiro, perdíase con el, parte desa cultura. Estas son as palabras que puiden rescatar da boca dos canteiros de Beariz. Toda esta riqueza lingüistica forma parte do noso patrimonio cultural que temos que conservar e difundir. O meu agradecemento eterno os canteiros que mas transmitiron.
Unha linguaxe críptica e misteriosa recollida polo antropólogo Xesús Antonio Gulías no Dicionario do Verbo dos canteiros.
Unha linguaxe críptica e misteriosa recollida polo antropólogo Xesús Antonio Gulías no Dicionario do Verbo dos canteiros, da editorial Ir Indo.O dicionario supón "unha homenaxe á xente da pedra", en palabras do autor, que rescata ese patrimonio oral que utilizaban os canteiros tamén nas súas cartas de amor, de modo que só as súas mulleres entendían o contido cando un veciño ou amigo líalles as misivas. Un profundo traballo que descobre pequenas xoias lingüísticas como a denominación das pedras en función da súa procedencia ; a Rosa Dante de Porriño e Salvaterra, Negro Galicia de Campolameiro, Marelo Paspallás de Agolada ou Silvestre Pena Marela de Beariz.
____