O seu obxectivo é informar o alumnado galego no que atinxe aos conceptos fundamentais da nosa tradición filosófica e contribuír a formalo no pensamento crítico. Trátase dun dicionario de filosofía escolar en que os termos están elaborados en función da idade e mentalidade dos alumnos de bacharelato, mais sen diluír ren o esencial de cada concepto.