Ir a contenido
¡Inauguramos nuestra nueva web bajando los gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Bajamos los gastos de envío a 2,95€! 📦

DIARIO DUN ENTERRO

€14,70
ISBN 9788491514183
Xacobe, un escritor mozo que vive en Barcelona recibe subitamente a noticia da morte do seu avó materno. XIII Premio de Narrativa Breve Repsol 2019

Obrigado a regresar a Eiradona, a vila galega onde naceu, alí vólvese encontrar co seu círculo familiar e cunha nai mancada polo pasado. Baixo a influencia aínda presente da personalidade do finado, Xacobe revive os días da súa infancia e, sobre todo, a relación cun amigo íntimo que axiña ha perder. Aquela primeira experiencia da separación volve agora co afastamento definitivo producido pola morte. Cunha prosa translúcida en que feitos, sensacións e tempo se entrelazan cun ritmo tenaz punteado por unha sensibilidade insólita para os detalles, Gonzalo Hermo narra unha historia de ficción persoal e distinta, ateigada de verdade. Única e, por iso mesmo, universal. No ronsel da obra autobiográfica de André Gide, do Blanco Amor de Os biosbardos e Los miedos. Gonzalo Hermo (Taragoña, Rianxo, 1987) é licenciado en Filoloxía Galega e Doutor en Lingüística pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente vive en Barcelona, traballa como autónomo do sector editorial e é profesor da Escola de Lletres. Publicou tres libros de poesía: Crac (Barbantesa, 2011), Celebración (Apiario, 2014) traducido ao catalán (Godall, 2016) e ao castelán (La Bella Varsovia, 2017) e A vida salvaxe (Pen Club, 2018), con versión catalá do propio autor (Godall, 2019). Pola súa obra poética recibiu, entre outros recoñecementos, o Premio da Asociación Española de Críticos Literarios en 2014, o Premio Nacional de Literatura na modalidade de Poesía Nova en 2015 e o Premio de Poesía Afundación en 2018. Diario dun enterro é a súa primeira novela.  

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego