Ir a contenido
¡Inauguramos nuestra nueva web bajando los gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Bajamos los gastos de envío a 2,95€! 📦

DIARIO DA LUZ E A SOMBRA

€16,15
ISBN 9788497822336
A escritora María Victoria Moreno recolle neste libro a súa experiencia e reflexións como enferma de cancro de mama. Unha crónica literaria de beleza desconcertante, de sinceridade asombrosa, escrita dende a serenidade e a coraxe de quen sabe que unha doenza, por grave que for, non muda a personalidade de ninguén, se non que apenas resalta os trazos característicos de cadaquén.

Velaí a mirada humilde, froito dun optimismo sensato, de quen posúe a convicción de que nunca é tempo de abrirlle as portas á desolación. Velaí, a grandeza literaria dun texto que devolve ao lector ou a lectora a ilusión necesaria para conservar todo aquilo que confire á vida un valor, até entón quizais subestimado: descubrir nas rutinas diarias pequenos praceres insospeitados, establecer vencellos afectivos ou amorosos, ou contar coa serenidade suficiente para enfrontar os contratempos do devir cotián. Destilación de vida en estado puro.A lectura deste diario literario proporciónanos a posibilidade de esculcar os territorios da luz e a sombra da alma humana. Achegarse a estas páxinas cheas de coraxe, enchidas de humor e tamén dalgunhas bágoas, constitúe un exercicio de humildade e de confianza nas posibilidades dos seres humanos. Esa é a aposta pola vida e pola esperanza á que nos convida María Victoria Moreno.

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego