Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

DESDE SAN PAIO DE ANTEALTARES

€23,90
ISBN 9788418567469
Nunha edición ao coidado dos investigadores Miguel García-Fernández –do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (CSIC-Xunta de Galicia)– e Ricardo Pichel, da Universidad de Alcalá, esta obra colectiva coeditada polo Consorcio de Santiago e Alvarellos Editora reúne os traballos de doce investigadores e investigadoras arredor do mosteiro de San Paio de Antealtares, situado detrás da propia catedral compostelá, así como dalgúns dos seus priorados e outras comunidades monásticas relacionadas con Antealtares.
O volume xorde como nunha homenaxe a María Mercedes Buján Rodríguez, arquiveira de San Paio recentemente falecida, e á propia Comunidade bieita compostelá.
Fundado no século IX, ao mesmo tempo que a propia cidade de Santiago, é un auténtico «arquivo de arquivos». Del proceden as célebres columnas que sosterían o primeiro sepulcro do apóstolo Santiago. A partir do século XV, Antealtares convertirase nun dos cenobios femininos máis in??luentes de Galicia e de toda España.

____

Editorial: Alvarellos 12-2023
Idioma: Galego