Ir a contenido
¡Inauguramos nuestra nueva web bajando los gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Bajamos los gastos de envío a 2,95€! 📦

DENTRO DA ILLA

€13,00
ISBN 9788482887968
Unha xeira máis, o Premio Blanco Amor confirma a atención que lles presta ás novas correntes da narrativa, o seu papel fundamental para dar a coñecer novos escritores e escritoras, ao lle conceder o galardón do ano 2004 á novela Dentro da illade Dolores Ruíz. Unha obra e unha autora que representan a seiva fresca das últimas xeracións de mulleres que se están a incorporar a literatura galega.

Organizado polo Concello de Porto do Son, o Premio Blanco Amor do ano 2004 foi outorgado a unha novela herdeira das historias de misterio e suspense, escrita, ademáis, co poder evocador da poesía e coa forza dos símbolos. Dolores Ruíz conta en Dentro da illa a historia de Frida, que aparece espida e sen lembranzas na praia dunha illa afastada e descoñecida. A novela descobre pouco a pouco a historia dos habitantes dunha terra na que cada quen garda un segredo inconfesable. Unha novela intensa e subxugante, escrita na procura das claves da estraña relación entre o egoísmo e o amor. Dolores Ruíz constrúe un universo no que prevalecen as leis dos sentimentos e das emocións. Frida, a protagonista, vaise descubrir a si mesma consonte desvela o enigma que envolve a esixencia naquel lugar afastado. Cunha atmosfera que lembra, por unha banda, a obra de Emily Brontë, e por outra, se emparenta co máis inquedante das narracións de Kafka, a novela gañadora do Blanco Amor no 2004 engaiola porque logra sacar á superficie moitos dos sentimentos ocultos que todo ser humano garda no seu interior.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego