Nun edificio de cinco andares viven Afonsa Sosón e o seu neto André, o señor Demetrio Demoscopio, as irmás Carmelina e Laudina Flan, e o mago Ciro. No edificio todos son vellos, menos André, e todos son bastante felices. Ata que unha noite Demetrio Demoscopio perde a chispa e André decide que fará todo o posible para que o seu amigo a recupere: mesmo atravesar as follas dun libro máxico e aparecer na urbanización onde viven os personaxes dos contos cando ninguén os le. Berta Dávila estréase na novela infantil cunha deliciosa, tenra e divertida historia de amor, polas persoas e tamén polos libros.
____
Editorial: Xerais 10-2022Idioma: Galego