O guitarrista de gipsy jazz David Regueiro publicará o seu novo disco ‘Perfect Match!’ é, ademais do título do álbum de estudio do trío liderado polo guitarrista ourensán, o resultado da colaboración xurdida entre o propio Regueiro e o recoñecido violinista belga Alexandre Cavaliere, unha das figuras máis relevantes, a nivel internacional, do jazz manouche.
David Regueiro é un dos intérpretes e compositores con maior proxección a nivel ibérico da escena do gipsy jazz, tamén coñecido como jazz manouche, o estilo que agromou da guitarra de Django Reinhardt e no que Regueiro desenvolve a súa voz propia ao incorporar influencias do swing americano ou do be-pop. Máis dunha ducia de traballos discográficos entre proxectos propios (‘Areal’, ‘O Camiño’) e colaboracións, numerosas participacións en festivais de toda Europa ou mesmo a organización das jam session mensuais de swing e jazz na Casa das Crechas compostelá dan boa conta da prolífica traxectoria do músico galego.
David Regueiro lidera un trío no que se acompaña de de Juyma Estévez no contrabaixo e de Gonçalo Mendoça á guitarra rítmica. Nesta ocasión, a formación transfórmase nun cuarteto para acoller a un dos máis virtuosos violinistas do mundo deste estilo, o belga Alexandre Cavaliere, con quen Regueiro compartiu escenario na última edición do festival Jazz de Ría celebrada na Costa Ártabra.
TEMAS
1 – Tone it down turn it up!
2 –M The Seagull and the Frog
3 – Elsa
4 – Octopus Blues
5 – Crechas Swing
6 – Lisboa Rhythm
7 – Bolero Desesperado
_____
*Ub: 1