Xosé Luna dá a coñecer un ramallete de artigos que publicou na prensa en diferentes datas e que foron galardoados co Premio Manuel Reimóndez Portela de xornalismo.
Nestes traballos, eruditos, descritivos, poéticos, escritos con mestría e cunha gran dose de ironía, nunha prosa eficaz, fulgurante, precisa, abórdanse temas como os do libro e a lectura, viaxes, experiencias docentes, amor á vida e á natureza, cuestións internacionais e referencias que nos achegan da man do autor a personalidades como Avelina Valladares, Avelino Pousa, Paco Lareo, Valerón, Manoele de Felisa e outros. Un libro que nos achega todo o bo quefacer, a ampla bagaxe da escrita de Xosé Luna.
Idioma: Gallego

____
Editorial: EmboraIdioma: Gallego