Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

DA CAVERNA A ACRÓPOLE

€10,00
ISBN 9788481589429
Da caverna a acrópole: un camiño cara a educación crítica confórmase como un ensaio que achega a filosofía á educación, establecendo como premisa a necesidade de desenvolver o pensamento crítico para acadar a plenitude dos valores e das capacidades da ensinanza. Indagando nas posibilidades que ofrece a filosofía como materia, esta obra busca reafirmar un lugar actual onde poida servir ao desenvolvemento crítico do estudantado. A través dun camiño cheo de preguntas que percorre en clave poética, este ensaio unifica o ser e as súas expresións con pensamento e a educación; ampliando a mirada sobre a realidade, indagandonos autores e autoras referentes do pensamento e aportando interesantes propostas educativas. En definitiva, este libro é un vínculo entre filosofía, ensinanza e realidade, tratando de espremer as posibilidades da escola e reivindicando a conciencia persoal e social como parte das formación educativa.

____

Editorial: UVIGO 02-2023
Idioma: Galego