Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

CRÓNICA VIVA DO PENSAMENTO GALEGO

€24,00
ISBN 9788409195008
Viu a luz co obxetivo de sensibilizar e levar ao gran público a vida e a obra de figuras senlleiras da nosa historia cultural e do presente.

Marcelino Agís Villaverde (Poio, Pontevedra, 1963) é catedrático de Filosofía e director do Departamento de Filosofía e Antropoloxía Social na Universidade de Santiago de Compostela, amais dun dos pensadores galegos con maior proxección académica internacional, pois foi profesor convidado en universidades de Europa (Italia, Alemaña, Portugal), América (Brasil, EE. UU., México, Chile) e Asia (Xapón). Fundador e presidente da Sociedad Interuniversitaria de Filosofía de Santiago de Compostela, presidente do Foro Galicia Milenio e membro do comité científico doutras prestixiosas revistas, é tamén colaborador habitual en medios como El Correo Gallego. Formado en París e Chicago con Paul Ricoeur, a súa ampla traxectoria investigadora céntrase nos eidos da hermenéutica do sagrado, a hermenéutica filosófica e o pensamento galego, labor que lle foi recoñecido con diferentes distincións, como a Insignia de Ouro da Universidade de Santiago de Compostela (2006) ou o Premio de Ensaio Manuel Murguía (2015). Entre as súas obras máis destacadas cómpre citar Mircea Eliade. Una filosofía de lo sagrado (1991), El discurso filosófico: análisis desde la obra de Paul Ricoeur (1993), Del símbolo a la metáfora. Introducción a la filosofía hermenéutica de Paul Ricoeur (1995), Historias da Filosofía (1997), Crónica viva do pensamento galego (2001), Paul Ricoeur: a força da razão compartida (2004), Camiñantes. Un itinerario filosófico (2009) ou Conocimiento y razón práctica. Un recorrido por la filosofía de Paul Ricoeur (2011), alén doutros textos en coautoría publicados en Italia, Venezuela, Portugal, Alemaña ou Francia, varios deles arredor da figura de Ricoeur. Traducido ao castelán, inglés, xaponés e ruso, Agís Villaverde é probablemente o pensador actual que ten dedicado máis páxinas á recuperación e o estudo de filósofos e intelectuais galegos, o que converte os seus traballos nunha referencia imprescindible para o coñecemento desta tradición.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego