
A guerra dos Cen Anos no occidente peninsular.
Galiza, un reino con fama internacional e degoxado por diversas coroas europeas.
A arredor de case dúas leguas francesas da cidade de Santiago de Galiza, saíron fóra cara á chegada do duque e da duquesa o clero todo da cidade portando dignas reliquias, cruces e mais gonfalóns homes, mulleres e rapaces, trayendo os homes con eles as chaves da cidade, que presentó con somblante de boa vontade para o duque ea duquesa (non sei se o finxían ou era certo), e axeonlláronse todos. aconlléndoos como seu señor y señora.
Carnes e viños fuertes atopaban abondo, dos que bebían en especial os arqueiros, e tanto bebían que os máis dos días se deitaban totalmente bébedos. E moitas veces, ao beberen demasiado- pois era o tempo da vendima- andaban os máis esfurricados, e pola mañá doíanlles tanta a testa que non de daban remexido no día todo.
Traducido por Henrique Harguindey.
A peza que nos trae Henrique Harguindey presenta unha tradución rigorosa e analizada en detalle, valéndose da transcrición efectuada por Kervyn de Lettenhove –Œuvres de Froissart. Chroniques– entre 1867 e 1877.
Diniz F. Cabreira, Companha Editora: "O Reino da Galiza foi un ben prezado a nivel xeopolítico en Europa"
Na obra que agora sacamos faino coas Crónicas de Froissart. Jean de Froissart era un cronista de finais do século XIV e principios do século XV que foi unha das principais fontes para documentar a Guerra dos cen anos. Foi un gran conflito entre as familias nobres de Plantagenet e Valois que se disputan quen ten máis poder no continente europeo nese momento.
Nun lado e noutro da contenda hai actores en Francia e nas Illas Británicas, así como tamén na península Ibérica, apoiando un e outro bando. Son unha serie de conflitos un pouco catárquicos, cunha temática común, que duran moito tempo, mais con algúns períodos de paz e nun deles fai que a acción se traslade á península Ibérica.
___
Editorial: COMPANHA EDITORA 01-2025
Idioma: galego
Páxinas: 179
HISTORIA DE GALICIA