Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

CRISTINA PATO. GALICIA NO FOL (CD+DVD)

€19,95
ISBN

 É unha edición a cargo de Xan Padrón e Pablo Sánchez Ferro na que, a carón dunha ampla fotobiografía da intérprete, se inclúen tamén dúas ducias de textos breves a modo de “Cartas dos amigos”, textos orlados de afecto e recoñecemento, asinados por persoas de diversos ámbitos que quixeron render amizada a esta dama dos ventos e señora dos punteiros.

Alén do dito, textos máis documentais dos editores e unha cronobiografía final que informa da valía patente da ourensá, confirmada aínda polo documental en dvd anexo Raíces e jazz en NYC por Cristina Pato, dirixido por Andrés Rosende, e mailo cd Alalá e muiñeira de Cabana, da autora e Roberto Comesaña, peza esta última creada ex professo para Pato e dedicada a Trasalba, unha alfaia musical pola que xa só pagaría a pena o esforzo.

 

 

Cristina Pato

Música, escritora, educadora e produtora, Cristina Pato foi aclamada como “unha virtuosa explosión de enerxía” por The New York Times. Na actualidade, a súa vida profesional está centrada na exploración do rol das artes na sociedade a través da docencia e da produción.

Traballou como artista en residencia na Universidade de Nova York (NYU), na Universidade de Harvard e na Universidade de California, Santa Barbara. Ademais de colaborar durante quince anos co Silkroad Project, a organización fundada polo violonchelista Yo-Yo Ma.

Desde o ano 2017 escribe a columna semanal “A arte da inquedanza” para o xornal La Voz de Galicia, pola que recibiu o XVII Premio Afundación de Periodismo Fernández del Riego.

Cristina divide o seu tempo entre Nova York e Galicia e comparte a súa vida co fotógrafo Xan Padrón.
_____

Editorial: Galaxia 2013

Idioma: Galego

Ub: 1