Sabes que son os alifáfaros? Nunca oíches falar deles? Nin sequera cando atopas todo desordenado, os teus xoguetes estrados polo chan sen ter ti ningunha culpa ou o teu flan mordiscado polas beiras mesmo antes de que tiveses ocasión de meterlle a culler? En serio, se non sabes o que é un alifáfaro... non debes deixar de ler este libro. Porque aínda estás a tempo de identificar os que te rodean.
Crisóstomo o alifáfaro é unha novela fantástica de Antonio Yáñez Casal que resultou finalista do Premio Raíña Lupa 2004, convocado pola Deputación Provincial da Coruña. Antonio Yáñez Casal vive en Ferrol, cidade na que naceu en 1959. Boa parte das súas vivencias están ligadas tamén á vila de Cariño, de onde é a súa familia. No eido da literatura foi por dúas veces finalista do Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil; a primeira na edición do ano 2000 coa obra Don Cosme e o telegrama amarelo(publicado en 2004), e a segunda no ano 2004 con esta obra, Crisóstomo o alifáfaro. Así mesmo, en 2005 foi finalista do Premio Merlín de literatura infantil e xuvenil, convocado por Edicións Xerais, con Natasha e Dimitri. Encargouse de ilustrar este libro o debuxante Miguel Porto.
Idioma: Gallego

____
Editorial: GalaxiaIdioma: Gallego