Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

CRIME E CASTIGO (PAKC)

€40,00
ISBN 9788417388935

Pack para descansar a conciencia (edición limitada),

Que mellor plan para este inverno que engancharte a un clásico mentres tomas unha infusión nunha cunca especial? Tes que facer un agasallo a alguén a quen os remorsos non lle deixan durmir polas noites? Aproveita esta ocasión para conseguir este pack composto por:
-un exemplar de Crime e castigo, en edición en tapa dura forrada en tea, con ilustracións en branco e negro e múltiples anotacións para entender a obra;

-unha cunca co deseño da cuberta;

-un té inglés para quentar o corpo.

Fiódor Mikháilovich Dostoievski naceu en Moscova en 1821. En 1837 a súa nai faleceu por tuberculose, e o pai decidiu envialos a el e ao seu irmán Mikhaíl á Escola de Enxeñeiros Militares de San Petersburgo. Cando tiña 18 anos, en 1839, o seu pai foi torturado e asasinado por un grupo de labregos. Este acontecemento produciu no rapaz unha crise nerviosa que houbo de facerlle perder a cordura. Aos 22 anos Fiódor rematou a súa instrución co grado de subtenente, pero acabou por pedir unha excedencia para dedicarse por completo á literatura. En 1846 publicou así en 1846 a súa primeira novela epistolar, Pobres xentes, que obtivo un grande éxito entre a crítica e que o levou a alcanzar unha efémera sona, posto que as súas seguintes obras non tiveron repercusión ningunha. Por esa época empezou a frecuentar un grupo clandestino de intelectuais perseguidos polo réxime tsarista, e en 1849 foi arrestado baixo a acusación de atentar contra o tsar Nicolao I. Foi condenado a morte, pero finalmente tivo que cumprir condena en Siberia ata que o novo tsar Alexandre II lle concedeu unha amnistía. 

A publicación por capítulos entre 1861 e 1862 de Lembranzas da casa dos mortos, onde relataba as súas experiencias en Siberia, devolveuno ao foco de atención. Isto levouno a publicar unha segunda novela, Memorias do subsolo, en 1864, tamén inspirada na súa condena. En 1866 publicou O xogador eCrime e castigo, a primeira das novelas que o consagraron como un dos maiores escritores da súa época, á que seguirían O idiota (1868), Os endemoñados (1870) e Os irmáns Karamázov (1880), novela que el mesmo consideraba a súa obra mestra e que condensa os temas máis característicos da literatura rusa. Finou un ano despois en San Petersburgo, aos 59 anos. 

_____

Editorial: Rinoceronte 10-2023
Idioma: Galego