Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

COUSAS PEQUENAS COMA ESTAS

€18,00
ISBN 9788412785234

PREMIO ORWELL FICCION 2022

O inverno de 1985 é frio e húmido na pequena vila irlandesa de New Ross. Bill Furlong, dono dun almacén de leña e carbón, ocúpase con dilixencia dos numerosos pedidos. Furlong é un home honrado, un xefe xusto e un pai de familia bondadoso. A súa única preocupación é dar conta do traballo e que non lles falte de nada ás súas cinco fillas e á súa muller Eileen. Pero unha mañá, ao entregar un cargamento no convento da vila, bate cunha situación perturbadora. E daquela debe decidir se mirar para outro lado e agachar a cabeza, como fan todos, ou tomar partido a pesar das consecuencias.

Trad. Isaac Xubín

Claire Keegan (Wicklow, 1968) é unha escritora irlandesa.
 Recoñecida internacionalmente polos seus contos, estes foron publicados en revistas como The New Yorker,​ Granta e The Paris Review,​ ademais de gañar diversos premios literarios.​ A súa obra foi traducido a máis de oito idiomas e comparada coa de autores como Carson McCullers, Lorrie Moore, William Trevor e Raymond Carver.​

____

Editorial: Rodolfo e Priscila 11-2024 
Idioma: Galego