Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

COUSAS DE FARRUCO

por Farruco
€17,60
ISBN 9788411762274

Son Farruco Louro Lestedo, e alá polos anos sesenta do século pasado fun concibido nos miolos dun urbanita chamado Xosé Luís Bernal.
Traballei na radio e televisión e alanquei por escenarios de toda Galicia referindo contos, lendas e caralladas, polo que recibín gabanzas e parabéns, pero tamén algunha couce ben dada.
Nas páxinas que seguen contareivos algúns contos que fun debullando ao longo da miña vida, uns baseados en feitos reais, outros en feitos que merecían ser verdadeiros e a outros nótaselles ben que son unha andrómena.
O meu creador, Xosé Luís, tamén quixo participar achegando unhas lerias escollidas entre as súas colaboracións radiofónicas.

Bernal López, Xosé Luís (Farruco)

Farruco (Santiago de Compostela, 1942). Sendo ben noviño subiu a un estrado e xa non volveu baixar. Presentou festivais, animou concursos, organizou certames, pronunciou pregóns, esconxurou queimadas, fixo teatro, recitou poemas e, co seu personaxe Farruco, a súa creación máis notable, percorreu Galicia, de cabo a chicote, por festas e romarías, e levoulle unha mensaxe de humor e de nostalxia a moitos Centros Galegos de España, Europa, América e do Continente Australiano.

Aos dezaoito anos agarrou un micrófono e xa non o volveu soltar: Falou polos da SER, Radio Galega, Onda Cero, Radio Voz… E para que a súa mensaxe chegase máis lonxe e a máis lugares, editou catro producións discográficas: Caralladas, Farrucadas, Trapalladas e Gargalladas.

Pola década dos oitenta atrapouno unha cámara de televisión e xa non o deixou fuxir.

____

Editorial: Galaxia 06-2024
Idioma: Galego