{"product_id":"cos-sinais-da-auga-antoloxia-bilingue","title":"COS SINAIS DA AUGA (ANTOLOXÍA BILINGÚE)","description":"\u003cp\u003e\u003cspan\u003eA poesía que se compila nestas páxinas está alicerzada, xa desde o debut da autora, no regreso á súa orixe, tanto na paisaxe rural da infancia e da mocidade coma, de xeito especial, nas raíces familiares; o que a poeta chama “a casa dos pais”.\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\u003cspan\u003eSon tamén versos nos que, xunto ás palabras ditas, cobran unha relevancia non menor as que quedan sen dicir, cando os silencios pasan a xogar un papel primordial nas escollas da memoria. Sucede iso, nomeadamente, mais non só, cando o instante da escrita se sente enneboeirado polas dúbidas existenciais. Desde os seus tenteos abrolla entón un clima onírico e cunha forte carga simbólica que pide, para ser gozado en todos os seus ricos matices, unha lectura atenta. Poderase así ir desentrañando a auténtica identidade dun eu lírico que avanza entre o magma propio do pulo creador e un ritmo de estraña fascinación.\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\u003cspan\u003eTraducida e prologada con admiración e grande acerto polo tamén poeta Xavier Rodríguez Baixeras, esta antoloxía en edición bilingüe asturiano-galego é a primeira selección da obra de Lourdes Álvarez que se publica noutra lingua peninsular.\u003c\/span\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eEditorial: Kalandraka  10-2025\u003cbr\u003eIdioma: Galaxia\u003cbr\u003ePáxinas: 160\u003cbr\u003ePOESÍA\u003cbr\u003eTAMBO\u003cbr\u003e\u003cbr\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e \u003c\/p\u003e","brand":"LOURDES ÁLVAREZ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":51466741809499,"sku":"9788419213570","price":15.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/files\/978841921357.jpg?v=1759752039","url":"https:\/\/libreriaabrente.es\/products\/cos-sinais-da-auga-antoloxia-bilingue","provider":"Librería Abrente","version":"1.0","type":"link"}