Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

CORPOS. AS OUTRAS VIDAS DO CADÁVER

€19,00
ISBN 9788419213457

Un ensaio abraiante sobre a nosa relación coa morte e a experiencia humana co máis aló a través da historia.
A nosa relación cos mortos é, por necesidade, unha constante desde que os seres humanos somos conscientes. Pero non todas as culturas, e non en todos os momentos, responderon igual a este problema. A historia da humanidade construiuse sobre momias, esqueletos, corpos petrificados e embalsamamentos, pero tamén sobre reliquias, sobre o consumo de partes do corpo con fins médicos, execucións ou historias de vampirismo.
En “Corpos. As outras vidas do cadáver” atopámonos unha liña do tempo algo diferente á que estamos afeitos, unha que nos convida a percorrer a Historia sen fixarnos tanto nas formas de vida, senón na maneira na que tratamos aos cadáveres, conservámolos para a posteridade e mesmo en como escribimos sobre eles.
Erica Couto-Ferreira ofrécenos un ensaio inquietante, pero tamén divertido e filosófico, sobre a nosa relación co máis aló e co que deixamos atrás. Un texto para descubrir todas as vidas que lle esperan a un corpo despois da morte.

Ensaio divulgativo, moi ben escrito e cheo de información sobre a presenza material logo da morte. A historiadora de Pazos de Borbén profunda en diferentes aspectos da tanatopraxia, é dicir, a ciencia e a arte de manexar cadáveres. Primeiro deseña unha breve historia desta disciplina, que é común a todas as culturas e que foi creando durante séculos un complexo manual. Tamén analiza Couto-Ferreira os mecanismos de tortura, o ritual da execución, a figura do verdugo, a historia dos vampiros ou a busca da fórmula para converter os cadáveres en pedra e así facelos imperecedoiros

BIOSBARDIA

____

Editorial: FAKTORIA K 10-2023
Idioma: Galego