Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

PEQUENA FAUNA DO CANTIGUEIRO DE COTOBADE

€12,00
ISBN 9788409466719
Desde o pranto dos namorados ata o humor máis pícaro, a temática das cantigas populares é innumerable: consellos para mozas e mozos, os saberes dos oficios e das tarefas do campo, o culto a santos e virxes, a denuncia social... ou, coma no caso que nos ocupa, a presenza do reino animal na vida das xentes.
No seu traballo, Carballal mesturou diferentes técnicas: «Hai colaxe, debuxo tradicional, infografía, texturas de papeis... Quería que tivese a graza das ilustracións que poden atrapar os nenos para que logo coñezan todo o demais». Para iso, o artista experimentou un proceso «bastante regresivo» a nivel persoal. «Son pai de dous nenos e teño relativamente recente o mundo da infancia. Mentres o facía acordeime moito dos meus avós. De feito, dedícolle o libro a eles. Estas cantigas levan á infancia e mesmo a un pasado que nin sequera viviches pero que está aí, na túa imaxinación», conclúe David Carballal.
Este libro que presentamos ilustra unha vintena de cantigas incluídas no Cantigueiro de Cotobade, recompilado por Antonio Fraguas, nas cales os protagonistas son os animais: os de compaña, como o can ou o gato; os de granxa, como a vaca ou o galo; e os salvaxes, como o raposo ou o moucho. Unha pequena fauna que reflicte as querenzas e temores daqueles que un día cantaron por terras de Cotobade, e que son tamén as de todo o pobo galego. O libro inclúe unha breve introdución, unha liña biográfica e unha bibliografía seleccionada de Antonio Fraguas Fraguas.
 

____

Editorial: A Chalana editorial  01- 2023
Idioma: Galego