Ir a contenido
¡Inauguramos nuestra nueva web bajando los gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Bajamos los gastos de envío a 2,95€! 📦

OS ANIMAIS DE FRAGUAS

€18,00
ISBN 9788488508683

O libro ilustrado 'Os animais de Fraguas' recupera un texto inacabado e ata o de agora inédito de Antonio Fraguas sobre crenzas populares ao redor de distintos animais, editado pola Fundación Antonio Fraguas e o Museo do Pobo Galego, coa colaboración do filólogo Antón Santamaria e ilustrado por Miguelanxo Prado baixo a dirección artística de Kiko dá Silva e a coordinación editorial de Fuco Sanjiao. Conta ademais coa achega económica para a súa publicación da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia

Esta obra xorde do traballo de catalogación realizado pola responsable da Biblioteca e patroa do Museo do Pobo Galego, Rosa Méndez García, que no momento de ir clasificando o enorme legado deste intelectual galego descubriu uns manuscritos en galego que contiñan interesantes anotacións que describían algunhas lendas, consellos e coplas populares ao redor de distintos animais que forman o universo de Antonio Fraguas.

____

Editorial: Museo do Pobo Galego

Idioma: Galego