Á cidade chegou unha máquina capaz de escribir e ilustrar contos adaptados aos gustos e necesidades de pequenos e maiores. Pero non todo o mundo parece contento co invento.
Celeste, a protagonista, non tarda en anticipar algúns problemas e pronto descubrirá que a máquina esconde unha conspiración que ameaza con estenderse polo país e o mundo enteiro. Terá que botar man dos seus amigos para deter… o que lle parece unha monstruosidade!.
Unha divertida reflexión sobre o papel da literatura e os riscos da intelixencia artificial.
___
Editorial: Trinqueta 03-2023
Idioma: Galego