Na presente obra o antropólogo Rafael Quintiá fai un percorrido por algúns dos aspectos máis salientables de cantos configuran a relixiosidade popular galega.
O culto aos santos ou ás reliquias, as romarías, o feito da peregrinación, a importancia dos santuarios, a función dos exvotos, as festas rituais do ciclo do ano, as crenzas sobre a morte e o Alén ou os cultos asociados ás pedras, ás augas, ás árbores e aos astros son algúns dos múltiples aspectos nos que se afonda neste traballo onde se achega unha rigorosa ollada sobre un dos elementos fundamentais da nosa cultura, do noso patrimonio inmaterial e, en definitiva, da cosmovisión do pobo galego.
Índice
Prólogo
Introdución
O poder do sagrado e do relixioso
* Medicina, maxia e relixión
* A cristianización da Gallaecia
* A relixiosidade popular
* O culto aos santos.
* O poder das reliquias
* As imaxes sagradas
* Os santuarios
* As romaria
* A peregrinación
* Os intermediarios e os oficiantes ..
* O culto ás ánimas
* A relixiosidade popular na etnomedicina
* O poder da palabra
Cultos e crenzas precristians
* As xeografías do sagrado
* Cultos asociados ás augas ..
* Cultos asociados ás pedras..
* As montañas sagradas
* Cultos asociados aos camiños •
* Cultos asociados ás árbores •
* Ritos ígneos e cultos asociados ao lume .
* 0 culto á Lúa
* As crenzas sobre o Sol
* As artes adiviñatorias
* Tabús, prohibicións e mala sorte
* O control da meteoroloxía .
O ciclo festivo ritual
* As festas rituais do ciclo do ano
* Actos e ritos relixiosos da vida social
* O ciclo de Defuntos
* Os Magostos
* O ciclo de Nadal
* O Entroido
* A Semana Santa
* O ciclo dos Maios
* O Corpus Christi
* A festa de San Xoán
* Os tempos simbólicos ...
Crenzas escatolóxicas: o Alén e os defuntos
* Crenzas e nocións do Máis Alá
* As Illas Atlánticas
e a migración das almas á Terra dos Mortos
Epilogo
Agradecementos
Bibliografía .
Anexo fotográfico
____
Editorial: AB ORIGINE 12-2022
Idioma: Galego
Páxinas: 290
HISTORIA
ANTROPOLOXÍA
ETNOGRAFÍA