![POETIZATE](http://libreriaabrente.es/cdn/shop/files/978841110513_434x700.jpg?v=1708601812)
Cunha concepción desenfadada e rebelde, «Poetízate», a coñecida antoloxía poética feita por Fran Alonso, converteuse, desde a súa publicación, nunha ferramenta de referencia para achegar a poesía á mocidade. E é que a poesía non é aburrida, nin cursi, nin difícil. Esta antoloxía demóstrao, con poemas seleccionados para as persoas que non están afeitas a ler poesía e con códigos QR que remiten ás voces das e dos poetas e á súa imaxe ou ás súas cancións. A poesía pode lerse nun libro ou na letra dunha canción, pode escoitarse nun recital, nun concerto de rock ou enviarse por Whatsapp, porque a poesía non é unha materia para aprender senón unha ollada distinta, libre e moi rebelde, sobre o mundo. Con «Poetízate» propoñémosche unha viaxe, de Rosalía de Castro ás poetas novas, a través dos poemas máis próximos e simpáticos da poesía galega. Así que non o dubides: poetízate.
____
Editorial: Xerais 03-2024
Idioma: Galego