Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

CONTOS GRINGOS

€16,40
ISBN 9788411763301

Nestes Contos gringos hai tornados, campos de millo, animais salvaxes, reptilianos, mortes inesperadas e moito, moito frío.

Unha ducia de relatos que propoñen unha viaxe cara ao profundo dos Estados Unidos. Desacougo e violencia, fenómenos naturais e segredos, bestas animais e bestas humanas.

A realidade e o sobrenatural mestúranse, ata que é imposible distinguilos.

Dopazo Ruibal, Lara

(Marín, 1985) é licenciada en Xornalismo. Publicou as obras Os lobos na casa de Esaú (2017), Claus e o alacrán (2018) e O axolote e outros contos de bestas e auga (Premio Illa Nova de Narrativa, 2020), entre outras obras. 

Tamén traduciu para o galego a poeta Antonia Pozzi en Lume branco (2021).

Entre 2021 e 2023 viviu en Iowa, fonte de inspiración para esta obra.


____

Editorial: Galaxia 09-2023
Idioma: Galego